Besteiro comprométese a “saldar as débedas da Xunta coa Costa da Morte” e a “poñer fin aos 20 anos de promesas incumpridas do PP”

Besteiro comprométese a “saldar as débedas da Xunta coa Costa da Morte” e a “poñer fin aos 20 anos de promesas incumpridas do PP”

12/2/24

12/2/24

12/2/24

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta ofrece un mitin en Camariñas onde incide en que rematar a A-55 será unha prioridade do seu goberno

“Nesta comarca coñecedes mellor que ninguén o manual da manipulación do PP e o voso voto é crucial para sacar aos mentirosos da Xunta”, remarcou Besteiro

Camariñas, 12 de febreiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, interveu este luns nun mitin en Camariñas dende onde se comprometeu a “saldar as débedas da Xunta coa Costa da Morte” e a “poñer fin aos 20 de promesas incumpridas do PP” coa comarca.

Besteiro estivo xunto aos veciños e veciñas da Costa da Morte nun mitin, xunto á alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a cabeza de lista do PSdeG pola Coruña, Patricia Iglesias, e o candidato número 6 e natural de Camariñas, Fabián Canosa. No mesmo, apuntou aos compromisos incumpridos polo Partido Popular nas últimas dúas décadas cos veciños da comarca.

“Feijóo e Rueda estiveron moitos anos tomando o pelo aos veciños e veciñas desta comarca coa Autovía da Costa da Morte, deixando a este territorio con infraestruturas do século pasado”, apuntou Besteiro. Remarcou o seu compromiso de desbloquear a finalización da A-55 no tramo de Carballo a Berdoias que está aínda sen finalizar.

RECUPERAR A ATENCIÓN PRIMARIA

O candidato socialista tamén puxo o foco nas deficiencias da cobertura sanitaria na comarca, e denunciou que a Costa da Morte leva anos sufrindo a falta de profesionais nos seus centros de saúde, chegando ao punto de que algúns ambulatorios non teñen estes e noutros non cobren as baixas ou vacacións”. Para solucionalo, os socialistas propoñen recuperar os servizos de pediatría a xornada completa, implantación dun servizo de Cardioloxía no Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee e a construción dun novo centro de saúde en Fisterra.

Outro dos aspectos que máis preocupan aos socialistas na bisbarra é a falta de liñas e de horarios adecuados a aos universitarios e aos traballadores no servizo de transporte na Costa da Morte. “Isto provoca que moita xente moza se vexa obrigada ou ben a non poder estudar ou ben a pagar un aluguer na Coruña ou en Santiago”, lamentou Besteiro.

SACAR AOS METIROSOS DA XUNTA

“Nesta comarca coñecedes mellor que ninguén o manual da manipulación do PP e o voso voto é crucial para sacar aos mentirosos da Xunta”, remarcou un Besteiro que criticou que “ao PP xa se lle caeu a careta, non só falaban con Puigdemont, senón que xa tiñan medio negociada a amnistía”. “Eu se fora un votante do PP estaría moi enfadado e sentiríame enganado por Feijóo e por un Rueda, que ten que aclarar de inmediato se sabía do que estaban negociando”, declarou o candidato socialista.

44 ANOS DE DISCRIMINACIÓN DO PP A CAMARIÑAS

A candidata número un pola Coruña, Patricia Iglesias, remarcou “que o PSOE é un partido profundamente feminista” e que “este 18 de febreiro as mulleres xogámonos moito”. Por elo, emprazou a “todas as mulleres galegas, traballadoras, loitadoras, saímos a votar polo cambio, Besteiro será presidente da Xunta de Galicia”, remarcou.

Pola súa banda, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, criticou “os 44 anos de discriminación que sofre o concello” por parte do Partido Popular e lembrou que “o goberno de Touriño inverteu en tan só catro anos 10 millóns de euros no municipio, mentres que Feijóo e Rueda ignoraron completamente este concello”. Así mesmo, criticou que as estradas de entrada á vila, as da Ponte do Porto e a principal de Camariñas, están totalmente desatendidas, sendo de competencia autonómica.

O número 6 da lista socialista e concelleiro en Camariñas, Fabián Canosa, puxo sobre a mesa os problemas do sector marisqueiro, en concreto que “levamos tres anos sen berberecho nas nosas praias e a Xunta de Galicia non fai nada por axudar á nosa xente”. Por elo, lembrou que ante o paro biolóxico do xurelo e outras especies, “foi a Deputación da Coruña, cun goberno socialista, a que estivo aí, do lado da xente do mar, mentres a Xunta do PP estivo desaparecida”, e engadiu que “isto vai a rematar cando José Ramón Gómez Besteiro o noso presidente despois do 18 de febreiro”.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos